Follatos

Páxina Anterior

Non dúbides

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos004.html


[p. 27]


     NON DÚBIDES

     Anduriña viaxeira
que lixeira
cruzach' a terra y-o mar,
pousa xa, prob' anduriña
cansadiña,
pousa, xa podes pousar.

     Pousa xa, mal pocadiño,
qu' o teu niño
xa podes eiquí faguer.
Baixo de calquer tellado
un sagrado
pr' os rapaces ha de ser.


[p. 28]

     Ben saben qu' as anduriñas
as espiñas
Ile quitaban ô Señor,
e qu' o niño tés bendito
y-é un delito
privarbos d' o seu calor.

     Non dúbides, anduriña,
n-a terriña
ond' eu nacín, aniñar.
Non dúbides, qu' o teu niño
con cariño
han-o todos de mirar.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega