Follatos

Páxina Anterior

Á Lourizan

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos005.html



[p. 29]

Á LOURIZAN (2)

Á Sra. D.ª Delores Montero de Vicenti



     ¡Ay Lourizan! meu encanto,
aldea acurrunchadiña
que tes pra gala y-espello
ôs teus pés a crara ria,
pra coroa un lindo pazo
con bellezas enfinitas,
brisas sempre prefumadas
frores que se non marchitan,
pois aterna primaveira
n-o teu verde chan ten vida.
¡Ay Lourizan! ¡quén tivese
unha paleta divina
pra copear as tuas chouzas
y-as tuas verdes campiñas
y-as olas d' o mar hermoso


[p. 30]

que t' arrolan e te bican!
¿Qué cadro mais feiticeiro
ningún xénio soñaría?
¡Qué portento de colores!
¡Qué xoya d' arte mais rica!
Mais, pois pintarte non podo,
quero qu' a prob' arpa miña
faga vibrar as suas cordas
con cadenciosa armunía.
Quero con doces acentos
cantarte porqu' eres linda;
pois non hay n-o mund' enteiro,
nin ten a hermosa Galicia
un curruncho mais garrido
nin mais ric' en poesía.

     Vint' e topei tal feitizo,
hermosura tan garrida
n-o teu chan e n-esas chouzas,
antre frores escondidas,
que coidei qu' eras d' un sono
viseon que se desfaría.
Vinte n-outono, unha tarde
cando x' o sol traspoñía.
¡Qué tarde mais feiticeira!
¡Qué doces e que mainiñas
as olas d' o mar bicaban
esas ribeiras garridas
onde son pelras desfeitas
as areas miudiñas!
Tod' estaba en doce calma;


[p. 31]

os ventos seica durmían
n-os buracos d' as penedas
soilo marmurab' a brisa
que falaba c' os naranxos
gabándolles a froitiña
pra roubarlles mais axeito
os prefumes que cobiza.
Os regatos trouleaban,
non sei quen-os perseguía,
que, sin deters' un istante,
as suas augas cristalinas
car' o mar corre que corre,
faland' e rindo fuxían.
Ti estabas com' estás sempre
tan xeitos' e tan bunita
antr' os aternos verdores
d' incomparabre campiña,
c' as tuas casiñas probes,
qu' anque probes son tan lindas;
co-esa eirexa ond' está Dios
tan gustante porqu' habita
antre frondas prefumadas
y-antre xentes sin malicia.
Alí estaba o lindo pazo
d' o que tes por galanía
que che sirva de coroa
c' a sua hermosa capilla,
c' os seus xardís que d' encantos
algún conto realizan,
pois eu penso que por forza
n-aquelas grutas tan ricas


[p. 32]

en bellezas e primores
debe d' estar escondida
unha fada feiticeira
ou unha princesa linda.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega