Follatos

Páxina Anterior

¡Quen poidera saber!

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos043.html


[p. 159]


   ¡QUEN POIDERA SABER!

     ¡Qué tranquía está a lagunia!
nin un leve sopr' a riza,
cicais a diosa d' as augas
está n-o fondo durmida.
¡Qué superficie tan tersa!
¡Qu' auga pura e cristalina!
Com' a luz d' o sol brilante
somella prata bruñida!
Mais ¿qué gardará n-o fondo?
Cicais lama que movida
trocara n-un charc' inmundo
o qu' agora nos feitiza.

     ¡Qué lindos son eses ollos
que teñen d' o ceo as tintas
e d' a lagunia somellan
a superficie tranquía!


[p. 160]

     ¡Quén poidera perguntarlles
o que ninguen adiviña
pois hastr' o fondo d' as almas
non chegou a humana vista!
Ollos azules y-hermosos
d' o lago copea e cobiza:
¿Qué ten n-o fondo d' a y-alma
esa muller pelegrina?



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega