BVG Atrás Índice de Páxinas |
Obra completa. Poemas e outros escritos |
||
Escolma. I Poesía: "Ciumes e namorouzos" |
m4cabadavazquezobracompleta5.html
CIUMES E NAMOROUZOS
Meu corazón namorouse
dun rosal a frolecer;
quer voar e non ten azas,
quer rir e non ten lecer.
No rosal medra unha rosa
loira e fermosa de vez*;
da sua corola albariña
namorouse un caravel.
O caravel namorado
ciumes de min seica ten;
a rosa rise burleira
sin darlle creto a ninguén.
Unha mañán outoniza
quedei extranado ó ver:
a roseira desfollada,
resequido o caravel
e o meu curazón ferido
a treizón por non sei quen.
Nós, 15 de outono 1931
* Nota do editor:
Na revista Nós lese 'ver', pero no exemplar da mesma revista da biblioteca persoal do poeta a palabra está correxida e sustituída por 'vez'.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |