Obra completa. Poemas e outros escritos

Páxina Anterior

Escolma. I Poesía: "¡Montañesa!"

Páxina Seguinte

m4cabadavazquezobracompleta4.html

¡MONTAÑESA!


Pra ir morrer na túa beira
amarridas de saudade
ceibo eu as coitas miñas,
irtas arelas, ó aire:
ten delas dor, montañesa,
a das olladas soaves.


Hei de mandarche, senlleiro,
irmán na dor e nos males,
nun alongado sospiro
o meu curazón sangrante:
xa coidarás, montañesa,
amor e agarimo darlle.


Lelías da miña terra,
ó teu ouvido soaves,
ledos che han levar nas azas,
mainos, mainiños os aires;
e a dona has ser do poeta,
do seu corazón a amante,
o agarimo dos seus fillos,
¡a santa Paz dun fogare!

Pazo de Raxoi de Santiago, 13. VII. 1931



Nós
, 15 agosto 1931, p. 133.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega