[p. 181]
XVI
NO CASTELO DE CURBIÁN |
Gonçalo Ozores en Curbián onde chegou ao rayar o sol non fixo mais que deixar
apousentados aos seus amigos e dar volta ensiguida pra o campamento de Sampayo.
Outido o seu prencipal ouxeto co cerco desta fortaleza, non creyeu do caso ensistir
mais; pero por eso non se amostrou disposto á deixar escapar a acasion que
se lle
presentaba de aproveitarse ben das avantaxes hastra estonces consiguidas. Con tal
intento mandoulle os seus legados á Vasco Gomez pra que lle dixesen no seu nome,
que o seu ánimo nunca fora ofendelo nin perxudicalo no mais mínimo, pois non podía esquecerse de que eran
parentes; que
hastra entonces non fixera mais que tratar de defenderse e recobrar o
que era seu;
que en proba do direitas e leales que eran as suas intincions, que estaba decidido á
levantar o cerco das torres de Sampayo e ainda deixar o castro das Seixas, do que
[p. 182]
acababa de apoderarse, con soila a condicion de que firmase un papel en que
renunciase e se apartase de toda aucion e dereito, si algún tivese, á todos e á calquera
dos bees, estados e terras perteescentes aa casa de Ulloa, e que dese fiadores que fosen cabaleiros e
homes de honra,
abonados e de boa fama, de que así o había de cumprir; e que en último caso que
reparase si non era tempo de que se puxera tremiño á tantas mortes, á tantos arrases, á tantas
queimas, á tantas vingas, á tantas
malfeitorias, en fin, como hastra alí se levaban feitas.
Vasco Gomez, que inda continaba asituado no monte Oroso, oyeu os legados
algo mais maino do que acustumaba. O mal que Ile sairan as suas contas puxérao
un pouco mais brando, e xa non era aquel túzaro e arrabiado de denantes. Machiscou
un pouco, e poñendo os beizos a modo de bugina A voso señor dixo medio
roñando válelle o que Ile vale; e en canto
aos fiadores dareinos porque me da a gana, non porque delo teña eu necesidá, nin
obrigacion. O papel estou prestes á firma-lo cando voso señor queira; pero
dicídelle que escusa botar tantas
roncas; que si eu entrei nos seus bens, foy porque él os abandonou andando escarriado
pol-o
mundo en pena das suas... turulecadas.
Así que o d' Ulloa recebeu a contesta-
[p. 183]
cion que lle trajían os seus legados, non tivo labor de mais presa que avisar á dous
notarios que viñesen á outorgar a escritura da renuncia, demision e
apartamento
que Ile facía Vasco Gomez, e firmar a auta da fiadoria que prestaban os cabaleiros
presentados por él; os cales se obrigaron con xuramento e baixo pena de
encurriren
en caso de traucion e aleivosia á estaren e responderen poI-o cumprimento desta
aviinça inda contra o mesmo señor de Sampayo. E todo de camiño e sin
perder tempo nos dous pirmeiros días que siguiron, percurou que se outorgase a
ascritura, e que os fiadores prestaran o xuramento nas
maos d' un dos cabaleiros da sua compaña, quedando para o terceir día o prauticar as
dilixencias, consiguentes como a entrega dos bens, a toma de posesion, o outorgarse él por entrego
de todo,
etc... Pero por eso, a cirimonia dos fiadores cando fixeron o xuramento alí
en presença dos dous axércitos de corresponder en todo e por todo
por Vasco das Seixas, foy cousa moy solenia e que á todos comoveu e lles
fixo
moita empresion.
Gonçalo Ozores, despachados todos estes requesitos,
tornouse para Curbián ledo e
satisfeito como calquera pode supoñer. Vía cumpridos todos os seus deseyos,
colmadas todas as suas aspiracions, mais do que podía esperarse, galardoados todos os
[p. 184]
seus esforzos e afans, e non se fartaba de dar gracias á Dios que lle fixera tanto ben
e ésto cando á él no humano non Ile quedaba mais que, esquecido e olvidado de
todos, deixar os seus osos quizais mal sepultos en terra extrana e anamiga. Na sua
maxinacion representábase a pasada grandeza da sua ilustre casa; e animado con
estes recordos e cos sucesos outiídos propuxo no seu corazon traballar e punar ca
axuda de Dios para facel-a avivecer e ainda para aumentala e esaltal-a mais, si posibre fora. E ben certo que inda Ile faltaba
recobrar a parte dos seus estados que lle tiña o Infante e Condestable
D. Pedro
Enriquez; pero non perdía a esperanza de ao fin, recobral-os tamen, anque tivera que
valerse d' outros medios (1).
En Curbián fixo celebrar con moitas festas e arregocixos o recobramento dos
seus estados. Bailes, seraos, xustas, cañas, e outras moy vistosas e entretidas adivirticions por espacio de catro días socedéronse cuase sin
interrucion naquela casa, que
pouco antes paricía sentenciada á sirvir soilo d' apousento pra os
mouchos e curuxas.
(1) |
E nafeuto, no ano 1393 por unha escritura fechada en Sárria á
pirmeiro d' Octubre, o lnfante D. Pedro cedeulle todal-as terras que lle tiña tomadas desde o ano 1371,
á saber, a Ulloa e Monterroso. Despois o Rey D. Enrique confirmou esta cesión
no ano 1404. |
[p. 185]
Gonçalo Ozores, como outros señores do seu tempo, era tamén un escelente
tanxedor de viola; e con él tampouco as Musas s' amostraran estrañonas nin
hurañas; asi é que d' aquela compuxo moy regulares cancions e trovas e
mansobres e leixapres, e pastorelas, e outras moitas modas de métricas
composicions, das que estonces se estilaban.
E con tal motivo, como era d' adoito en taes casos, renuyeuse alí un boo fato
de ministriles, e xugrares e arromedadores e
segreles e trovadores, que ora cantando, ora ripinicando os seus estrumentos,
ora discurseando e parrafeando, viñan á dar locemento e novedá aos seraos e a
oumentar o bolicio e a foliada e algareo que naqueles días reinou en Curbián.
Por suposto, que Beringuela foy o principal branco das
atencions e ousequios de Gonçalo Ozores; e ela pol-a sua parte contribuyeu non
pouco á animacion e á alegría das festas. E ainda o d' Ulloa e mais
ela, pois tamen era un algo entendida nesto de coprear e versear, trabaron
unha
moy apraudida e gustosa tenzon, que era á modo d' un diálogo en
verso; no cual os
dous entrelocutores percuraban á competença facer mostra de inxenio, de chispa e
d' agudez.
E ao calor destas festas e ao fume dos ousequios e cortesías, o fogo que no
peito
[p. 186]
d' un e mais d' outro estaba d' atrás aceso, foy ateando hastra o punto que eles non
suspiraban por outra cousa, que por que chegase o momento dichoso en que a bendicion do Ceo trabase con
baraza que para
nunca mais tivese soltadoiro, os seus corazós, que xa o amor tiña tan unidos.
Todo lles sonría; todo se lles puña de cara de rosa; e ao tratarse do
casamento, os pais, encluso o de Gonçalo Ozores que se fora espertando e volvendo ao seu, revíanse ao contemprar a futura felicidá dos
dous anamorados. Gonçalo Ozores, por eso, quixo aprazal-o para despois
que
recorrese as suas terras e visitase á todol-os seus vasalles.
Acabadal-as festas, os de Vilar de Mella dicidiron retirarse á unha casa que tiñan
na parroquia de Rodieiros, onde pensaban estar de parada. O d' Ulloa
oynos acompañando; e despois de deixal-os apousentados na casa,
dispideuse hastra o vinturoso día en que viñese
buscar aa sua amada pra nunca mais separarse dela.
|