Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 26

Páxina Seguinte

Epílogo

CACO FÓNICO

HIMNO DA CÁNTIGA

 

Inzan o aire como estralos de alegría
as nosas cántigas na brétema da vida.

Por iso
canta comigo,
xuntas as mans e os corazóns,
para que o mundo
volva ser o paraíso.

Son os momentos que lles roubas á ledicia
anxos escuros de flamíxera xustiza.

Por iso
canta comigo,
xuntas as mans e os corazóns,
para que o mundo
volva ser o paraíso.

E cando collas o camiño dos luceiros
cántigas túas repenicarán no vento.

Por iso
canta comigo,
xuntas as mans e os corazóns,
para que o mundo
volva ser o paraíso.


 

 

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega