O surrealismo. Unha achega documental

Páxina Anterior

Apéndices B: Algunhas proclamas dos grupos surrealistas de 1976 até o 2000

Páxina Seguinte

v1xggasurrealismo011b.html

B. Algunhas proclamas dos grupos surrealistas de 1976 até o 2000

PROMETEO, ¿EU?

O propósito maior do surrealismo é dar ao espírito todos os seus poderes. Achamos que estes poderes teñen a súa orixe no pensamento poético. É a poesía quen descubre os verdadeiros desafíos da consciencia. É ela quen unifica a nosa consciencia e autentifica a nosa relación co real.
Mais no que quere imporse hoxe como realidade estes poderes son confiscados pola sociedade capitalista. Para asegurar o seu dominio planetario, non fai máis que proseguir e adaptar o vello traballo de división do home, emprendido polas sociedades patriarcais. A aparición do surrealismo en 1919 debeuse ao encontro dalgúns homes atravesados polo mesmo estremecemento intelectual e sensíbel. Este fenómeno xa é colectivo.
Recoñecéndose nun mesmo desafío rebelde, os primeiros surrealistas axuntan espontáneamente as súas práticas poéticas, e definíndoas cara a 1924, organízanse en oposición radical e activa ás formas de vida e de pensamento medio ambientais.
Despois, experimentamos sempre a transmisión do soño, a intervención política, a elucidación dos desexos, a obxectivación do pensamento, como unha única e mesma actividade, e multiplicamos os nosos medios individuais pola actividade colectiva.
Estamos en relación con novos amigos que a tecnoloxía moderna nos permite encontrar. Da Internet ao verdadeiro café onde cada semana nos reunimos, amamos dicir que "os seres se encontran", etc.
Grupos surrealistas existen en Madrid, Estocolmo, Brasil, a Grande Bretaña, e ben seguro na antiga republica checa e eslovaca, onde os nosos amigos de Praga, Bratislava e Brno provocan moitos incendios de humor e poesía.
Rexeitamos a explotación do home polo home, sexa de orde económica ou actúe sobre o sensíbel e o imaxinario.
Queremos pór en perigo o confor do entendemento.
Rexeitamos encerrarnos no desespero desta fin de era.
Denunciamos os divertimentos en que se afirman os auto pretendidos pensadores da nosa época.
Refusamos submeternos. Denunciamos o ascenso do fascismo e os seus apoios relixiosos e outros, a guerra do Golfo, secundamos a revolución dos Indios de Chiapas, a loita de Taslima Nasreen, a das mulleres alxerianas. Denunciamos hoxe a renaudación das probas nucleares polo señor Hiro-Chirac e máis xeralmente todo aquello que atenta contra o equilibrio ecolóxico.
Mediante xogos colectivos, experimentacións, mais tamén nas producións individuais, resistimos, faremos outros vieiros fóra das modas, fora dos embates creativos.
A nosa revolta está feita á medida da nosa vontade de ser libres e encontrar outros seres libres de toda submisión aos fetiches das relixións, das nacións, da economía dominante, do patriarcado e de todo autoritarismo. O surrealismo multiplica as súas investigacións e experiencias creadoras a fin de reunir todos os elementos dunha realidade non disociada do desexo e da súa realización no amor. É imaxinar e pensar que un encantamento pode fundar novas relacións sociais.
TRANSFORMAR O MUNDO, CAMBIAR A VIDA, continúa a ser para nós a única e mesma esixencia revolucionaria.
A sociedade querería de agora en adiante considerar o surrealismo como un feito cultural entre outros. É para mellor isolalo e reducilo. Mais o surrealismo é proxecto de civilización. O seu continúo movemento de creación inicia de hoxe para mañá o porvir da utopía.

EN TANTO QUE A IMAXINACIÓN LOITE, O SURREALISMO É O LUME E O PORTADOR DO LUME


1492-1992
"...MENTRES SEXAN OS VIAXEIROS OS QUE OCUPEN O LUGAR DOS VIDENTES..."

"
Mentres que uns exploten a outros, sen que iso lles produza un pracer aprezábel -o diñeiro é o tirano común que escraviza a uns e outros, o diñeiro é a serpe que se morde o rabo e a mecha da bomba- (...) mentres sexan os viaxeiros os que ocupen o lugar dos videntes, no curso da noite negra..." (André Breton, Prolegómenos a un Terceiro manifesto do surrealismo ou non, 1943)

O descobrimento/invasión/conquista das Amércias inscribese na lóxica do proceso histórico expansionista da chamada civilización "occidental", proceso que se inicia en 1492 coa chegada de Cristóbal Colón e que continuará durante séculos coa opresión, explotación, persecución e destrución dos pobos e culturas indíxenas, así como da inmensa natureza salvaxe en que aqueles pobos vivían e na que desenvolvían a súa cultura.
O pasado continúa a estar presente na memoria das clases e das etnias: tradición dos vencidos e tradición dos vencedores enfróntanse necesariamente, en tanto que surrealistas e inimigos desta "civilización" non podemos ser nin neutros nin indiferentes.
Asistimos hoxe a unha sucesión de pomposas celebracións oficiais e a verdadeiros rituais de consagración que procuran non soamente lexitimar toda acción pasada, senón tamén a súa actual continuación, tal e como se manifesta na "nova orde mundial" da invasión capitalista que se quere propagar a escala planetaria. Non obstante, fronte isto exténdese un movemento multiforme de oposición que se propón reinterpretar a historia desde o punto de vista das vítimas (e da súa resistencia), é dicir, desde o punto de vista dos indíxenas, dos negros, dos
peones e dos seus descendentes actuais, un movemento que celebra a memoria de figuras como Cuauhtemoc e Tupac-amaru, Gerónimo e Sitting Bull, Zumbi dos Palmares e Toussaint Louverture -sen esquecer a Gonzalo Guerrero, o náufrago español que, conquistado pola vida india, se une aos maias chegando a combater ao seu carón contra os conquistadores ibéricos do Yucatán- e que se propón, para utilizar a bela expresión de Walter Benjamín, "escribir a historia ao contrario".
Sen embargo, durante estes séculos, a historia "oficial" da invasión e da conquista -a dos vencedores do século XVI e dos seus herdeiros- foi non só a dominante, senón praticamente a única na escena política e cultural.
Escoitemos por un momento o "razoamento" do "liberal" arxentino Domingo F. Sarmiento: "É preciso que sexamos xustos cos españois; ao exterminaren a un pobo salvaxe, cuxo territorio ían ocupar, facían simplemente o que todos os pobos civilizados fan cos pobos salvaxes... As razas fortes exterminan as débeis, os pobos civilizados suplantan na posesión da terra aos salvaxes. Isto e providencial e útil, sublime e grandioso.[...]"
A conquista comezada no século XV continúa nos nosos días coa Guerra do Golfo, a avalancha capitalista cara aos países do Leste, o imperialismo cultural e a omnipotencia estereotipada dos medios de comunicación, a submisión do Terceiro Mundo ás multinacionais bancarias, a destrución dos bosques e a multiplicación das catástrofes ecolóxicas. [...] O exterminio dos indios -así como da flora e fauna que constituían o seu medio natural- era inducido pola implacábel expansión da "civilización do progreso" -coa complicidade activa das Igrexas católica e protestante que fornecerían a xustificación moral e ideolóxica da conquista deste "Novo Mundo" ao que se considera lixado coa sombra do "pecado orixinal".
[...]
O racionalismo ocidental ten a necesidade de colonizar esta zona interior -e aínda peor, de negala- polas mesmas razóns e cos mesmos métodos de exterminio cos que se permitiu lanzarse á conquista da Américas e facer "desaparecer" as culturas diferentes. Como sucedeu na inmensidade do Novo continente, nada debe ter lugar no interior do ser humano que non se adapte á mecánica homoxeneizante: "Sob pretexto de civilización, coa escusa do progreso, chegouse a desterrar dos eidos do espírito todo aquilo que poida calificarse, con razón ou sen ela, de superstición e quimera" (André Breton, M
anifesto do Surrealismo.)
[...]
A aventura, o descobrimento, a videncia. No século XX ninguén como o surrealismo tomou máis consciencia diso, inscribíndoo en letras de lume. De aí a súa afinidade electiva cos pobos indíxenas para quen o pensamento mítico formaba o alicerce da cultura: "Que non se inquieten os burócratas, no home, o pensamento mítico, en constante devir non deixa de camiñar paralelamente ao pensamento racional. Negarlle toda saída e volvelo nocivo e levalo a irromper no racional que el desintegra (culto delirante do xefe, mesianismo de pacotilla, etc.)·. André Breton,
Entretiens, 1952.)
[...]
Mais como o desexo é indomábel, sempre haberá alguén que se negue a berrar alegremente. Así, a poesía -auténtico acto de insubmisión total- continuará a facer saltar polos ares os fundamentos desta sociedade necrófaga... E na súa loita contra ese totalitarismo asfixiante, o surrealismo será, como sempre o foi, o compañeiro e o cómplice do indio...
É por auténtica paixón, por verdadeiro amor, que nós unimos os nosos rostros aos seus, desexando das súas voces moito máis que o só eco dun pasado exaltado. Porque sabemos que as voces dos indixenas, a pesar da inmensa opresión, continúan obstinadamente vivas. E porque ninguén mellor que o chaman -aquel que fala en soños- achará as claves que invertan o signo: cando os videntes reemplacen aos viaxeiros...

O movemento surrealista en Australia. Ana Rita Golanski, Claudia Loyds-west, John Lloyds-West, Catherine Nelson, Antainé Redmon, Michel Vandelaar, Irene Van den Drieschen, Tim White.
O grupo surrealista de Buenos Aires: Oscar Baldona, Pablo Baldona, Carmen Bruna, Luis Conde, Solvia Grenier, Julio del Mar.
Os surrealistas en Dinamarca. Frank Antosen, Malene S. Nielsen.
O movemento surrealista en Estados Unidos. Jacqueline André, Lawrence Von Barann, Chrisd Beneka, Les Blank, Jayne Cortes, Rikki Ducornet, Beth Garon, Paul Garon, Robert Green, Jan Hataway, Daniel del Valle Hernández, Joseph Jablonski, Philip Lamantia, Gina Litherland, Thomas Magee, Tristan Meinecke, Zil Miller, Hal C. Pattee, Nancy J. Peters, Irene Plazweska, Hal Rammel, David Roediger, Franklin Rosemont, Penélope Rosemont, Mark Rosenzweig, Cathy Seitz, Louise Simons, Erin Snow, Martha Sonnenberg, Christopher Starr, Cheikh Tidiane Sylla, Debra Taud, Dale Tomich, Yhéodore Wats, Alerto Séller, Joel Willians...
Os surrealistas na Grande Bretaña: Krzysztof fjalkowki, Tathlenn Fox, Stuart Inman, John W. Wesol, Francis Wright.
O grupo surrealista de Madrid: Mariano auladen, Conci Benito, Enrique Charlón, Eugenio Castro, Jacinto Minot, José Manuel Rojo.
O grupo de París do movemento surrealista: Jean-Marc Baholet, Luc Barbaro, Jean.Christophe Belotti, Laurent Bergstrasser, Anny Bonnin, Thyerre Bouche, Thérèse Boujon, Vincent Bounoure, Philippe Clérambault, Aurélien Dauguet, Emmanuel Fenet, Guy Girard, Jean-Pierre Guillon, Michel Lequenne, Michel Löwy, Marie-Dominique Massoni, Thomas Mordant, Fabrice Pascaud, Alexandre Pierrepont, Ody Saban, Rogewr Renaud, Bertrand Schmitt, Daniel Cassaux, Florence Vasseux, Michel Zimbacca.
Os surrealistas en Holanda. Hendrik Beekman, Rik Una, Pieter Schermer, Bastian van des Velden, Her de Vries.
Portugal. Mário Cesariny
O grupo surrealista de Praga: Karol Baron, Frantisek Dryje, Jakkub Effenberger, Jiri Koubek, Alena Nádvnorníková, Ivo Purs, Martín Stejskal, Ludvík Sváb, Eva Scankmajerová, Jan Svankmajer, Albert Marencin, Kurak Mojik (Bratislava), Blasek Ing, David Jarac, Bruno Solarik (Brno).
O grupo surrealista de Sao Paulo: Josifa Aharony, Laila Alach, Sergio Lima, Floriano Martins, Lyas Paes de Barros, Elaine Parra, Heloisa Bessoa de Paula, Nicole Relss, Juan Sanz Hernández, Hilton Seawrigt Araujo, como Fernarda Amalfi, Luiza Colombo e Claudio Writter,
O grupo surrealista de Estocolmo: Aase Berg, Kajsa Bergh, Johannes Bergmark, Carl-Michaël Edenborg, Bruno Jacobs, H. Christian Werner, e o seu camarada Mathias Farshage.


Sábado, 1º de maio de 1999: algúns centenares de skinheads checos convidaron a outros da CEE a encontrárense para un delicioso pic-nic militantte en pleno corazón de Praga, nunha illa da Vltava. Foron autorizados a se manifestaren aquí pola municipalidade de Praga 1.
Os anarquistas de Praga e algúns dos seus amigos, entre eles os surrealistas, quixeron manifestar a súa cólera perante esta abominación. Mais a municipalidade e o ministerio do interior esqueceron a ocupación nazi, esqueceron o exterminio dos xudeos e dos ciganos, esqueceron a resistencia da poboación checa e o atentado contra o xefe das SS Heydrich.
En maio de 1999, grazas a eles, simpatizantes dos grupos Blood and honor e Combat 18, aprendices de bruxos, as esvásticas desfilan por Praga. A policía, en grande cantidade, aplaudida pola escoria de cruz gamada, cargou por tres veces contra os antifascistas presentes. Paseantes, xornalistas e turistas foron mallados e algúns feridos.
"O único drogado bo é o drogado morto", "os homosexuais á Vltava, "os albaneses a Iugoeslavia", berran os neonazis mentres unha carga a cabalo dispersa os contra-manifestantes e permite o arresto dalgúns deles. Saúdos nazis aos seus irmáns polis, e baixo a súa grande protección, a repugnante tropa vai desfilar por Praga.
A condena da reunión e das exaccións policiacas por parte de Milos Zeman, primeiro ministro checo, e Peter Uhl, ministro dos dereitos do home, non abonda.
Nós denunciamos a complicidade da municipalidade e da policía cos neonazis, e particularmente a de Antonin Fedorki, responsábel das violencias policiacas.
Denunciamos as inculpacións contra os antifascistas arrestados o 1º de maio.
E saudamos a todos que por prorpia iniciativa se reuniron en Paraga para impedir o paso aos nazis, onde estamos, fixemos e faremos o mesmo.
Desde hai algúns meses, Michal Patera, militante anarquista, está en prisión por matar, en lexítima defensa, un dos skinheads que estaban a piques de linchalo. Pedimos a súa liberación inmediata.
París, 15 de maio de 1999.
O grupo de París e o movemento surrealista e os alquimistas da rue Pernelle
O grupo surrealista de Leeds
O grupo surrealista de Estocolmo, o grupo surrealista checo e eslovaco.





Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega